Vangardas

Na acepción máis común a palabra vangarda (do francés avant-garde,[1] "garda avante") procede do léxico militar e fai referencia á forza ofensiva máis adiantada dun exército durante a contenda. Deste significado derivará a acepción xenérica[2] de vangarda como conxunto de individuos, de ideas ou de prácticas que se anticipan ao tempo futuro. Fálase así, en sentido lato, de tecnoloxía de vangarda, de música con vocación de vangarda ou de vangarda arquitectónica.

O sentido máis estrito pertence ao ámbito das artes e das letras[3] e asocia o termo vangarda ou vangardas ás vangardas históricas, ás veces denominadas tamén -ismos, que foron unha serie de movementos artísticos e literarios que van xurdindo desde a fin do século XIX ata a primeira metade do século XX, especialmente entre a primeira e a segunda guerra mundial.

  1. Larousse, Éditions. "Définitions : avant-garde - Dictionnaire de français Larousse". www.larousse.fr (en francés). Consultado o 2022-09-10. 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-09-10. 
  3. Calderón Gómez, Jorge (2005). ""Las vanguardias históricas en perspectiva"". Nómadas. Critical Journal of Social and Juridical Sciences 12 (2). ISSN 1578-6730. 

Developed by StudentB